top of page

DEBATES NECESARIOS

TEN FUTURO O RURAL? HAI ALTERNATIVAS?

impartida por JOSÉ MOURIÑO CUBA

Presenta ALFONSO BAAMONDE FERNÁNDEZ

VENRES 27 DE MAIO DE 2022 - 20:30

CASA DA CULTURA DE VILALBA

CARTAZ RURAL_20-05.jpg

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), continuando coa súa programación anual, organiza para os días 20 e 27 de maio de 2022 senllos actos que terán como temática común O RURAL. Baixo o título de “TEN FUTURO O RURAL? HAI ALTERNATIVAS?”, levaranse a cabo dúas CONFERENCIAS nas seguinte datas:

O venres 20 de maio de 2022, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, terá lugar a conferencia a cargo de ANTONIO OCA FERNÁNDEZ, ENXEÑEIRO TÉCNICO AGRÍCOLA.

 

Presentará o acto XOÁN CARRETERO LÓPEZ

LER MÁIS

12291994_1036559746376206_5699373535801260889_o.jpg
Cartel A3 Depu Lugo.jpg

CICLO MESTRE MATEO

PROXECCIÓN DE “A POETA ANALFABETA”

de SONIA MÉNDEZ

DOCUMENTAL FINALISTA MESTRE MATEO’22

DOMINGO 15 DE MAIO DE 2022 - 20:00

AUDITORIO MUNICIPAL VILALBA

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, continúa coas proxeccións correspon-dentes ás películas finalistas dos XX PREMIOS MESTRE MATEO (documentais e longametraxes).

Nesta ocasión, tócalle o turno a outro documental, A POETA ANALFABETA, dirixido por Sonia Méndez.

LER MÁIS

FLORENCIO IESCHA2 copia.jpg

Esta mañá, no Espazo Manuel María, ao carón da Casa  da Cultura de Vilalba, e co gallo do Día das Letras Galegas, dedicado  ao escritor Florencio a Delgado Gurriarán, o IESCHA, como xa ten feito noutras ocasións, agasallou as persoas que por alí pasaron con algunhas das súas publicacións. 

Aí vai un resumo fotográfico.

CARTAZ RURAL_27-05 copia.jpg

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), continuando coa súa programación anual, organiza para os días 20 e 27 de maio de 2022 senllos actos que terán como temática común O RURAL. Baixo o título de “TEN FUTURO O RURAL? HAI ALTERNATIVAS?”, levaranse a cabo dúas CONFERENCIAS nas seguinte datas:

O venres 27 de maio de 2022, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, terá lugar a conferencia a cargo de JOSÉ MOURIÑO CUBA, ENXEÑEIRO TÉCNICO AGRÍCOLA e LICENCIADO EN CIENCIAS BIOLOXICAS

 

Presentará o acto ALFONSO BAAMONDE FERNÁNDEZÁ

LER MÁIS

DEBATES NECESARIOS

TEN FUTURO O RURAL? HAI ALTERNATIVAS?

impartida por ANTONIO OCA MARTÍNEZ

Presenta XOÁN CARRETERO

VENRES 20 DE MAIO DE 2022 - 20:30

CASA DA CULTURA DE VILALBA

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), dentro dos actos programados co gallo das Letras Galegas’2022, organiza a conferencia que leva por título “FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN, POESÍA DESDE O EXILIO EN MÉXICO”, que será impartida por MIRO VILLAR, Doutor en Teoría da Literatura e Literatura Comparada pola facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

LER MÁIS

CARTAZ LETRAS GALEGAS_22 copia.jpg

CONFERENCIA LETRAS GALEGAS 2022

FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN 

poesía desde o exilio en México

impartida por MIRO VILLAR

Venres 6 de maio de 2022 - 20:00

CASA DA CULTURA DE VILALBA

CARTAZ VI AFP A3.jpg

CONVOCATORIA DO

VI PREMIO AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ DE 

NARRATIVA INFANTIL E XUVENIL POLA IGUALDADE

INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS, CONCELLO DE VILALBA E EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), dentro dos actos programados co gallo das Letras Galegas’2022, organiza a conferencia que leva por título “FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN, POESÍA DESDE O EXILIO EN MÉXICO”, que será impartida por MIRO VILLAR, Doutor en Teoría da Literatura e Literatura Comparada pola facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

LER MÁIS

CARTAZ copia.jpg
Cartel A3 Depu Lugo_IESCHA copia.jpg

CICLO MESTRE MATEO

PROXECCIÓN DE “O GRAN CAMIÑO”

de ALBA PROL CID e RAÚL GARCÍA

DOCUMENTAL FINALISTA MESTRE MATEO’22

SÁBADO 26 DE MARZO DE 2022 – NO AUDITORIO

Cartel A3 Depu Lugo.jpg

CICLO MESTRE MATEO

PROXECCIÓN DE “A VIRXE ROXA”

de MARCOS NINE

DOCUMENTAL GAÑADOR DO MESTRE MATEO’22

SÁBADO 16 DE ABRIL DE 2022 – 20:00

NO AUDITORIO 

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, organiza a proxección da película documental A VIRXE ROXA, de Marcos Nine, documental gañador do Premio Mestre Mateo'22, cotinuando así co CICLO MESTRE MATEO que durante o ano 2022 brindaranos a oportunidade de poder disfrutar das películas finalistas e gañadoras (documentais e longametraxes) dos XX PREMIOS MESTRE MATEO. 

cartaz presentacion copia.jpg

PRESENTACIÓN DO LIBRO DE Mª XOSÉ LAMAS

Un corvo en Caldaloba

VENRES 18 DE MARZO DE 2022-20:00 

NA CASA DA CULTURA DE VILALBA

O venres 18 de marzo de 2022, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, terá lugar a presentación do libro de Mª XOSÉ LAMAS“UN  CORVO EN CALDALOBA”, nun acto organizado polo IESCHA, coa colaboración do Concello de Vilalba. 

 

Intervirán no mesmo: Marisa Barreiro, presidenta do Iescha; Antón de Guizán, autor do prólogo do libro; Sofía Naseiro, autora das ilustracións e da cuberta do mesmo, e a autora do libro, Mª Xosé Lamas.

 

Esta publicación, editada polo IESCHA, coa colaboración do Concello de Vilalba, fai o número 29 da Colección Biblioteca Chairega. 

LER MÁIS

cartaz XORIMA.jpg

O sábado 19 de marzo de 2022 é a nova data fixada (despois de terse adiado a do 26 de decembro de 2021) para a presentación na capital chairega do libro Conversas arredor de Xorima, de Paulo Naseiro, editado no ano 2020 polo Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración da Área de Cultura/Vicepresiden-cia da Deputación de Lugo. O evento marca o despegue do Proxecto Xorima, un proxecto transmedia que busca homenaxear o grupo de folk Xorima a través de múltiples medios e plataformas, recuperando a súa memoria e reunindo aos membros da primeira formación despois de corenta anos. 

LER MÁIS

PRESENTACIÓN DO LIBRO DE

CONVERSAS ARREDOR DE XORIMA

de PAULO NASEIRO

SÁBADO 19 DE MARZO DE 2022-20:00 

NO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA

ASEMBLEA XERAL 2022
25-03-2022 - 19:00
Casa da Cultura

ACTIVIDADES_PORTADA2021.jpg
ANTON MEILAN CARTAZ copia.jpg

PRESENTACIÓN DO LIBRO DE ANTÓN MEILÁN

Dona Constanza de Castro toma a fortaleza de Vilaxoán

LOITA, RESISTENCIA E MORTE

XOVES 10 DE MARZO DE 2022-20:00 

NA CASA DA CULTURA DE VILALBA

O vindeiro xoves 10 de marzo de 2022, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, terá lugar a presentación do libro de ANTÓN MEILÁN “Dona Constanza de Castro toma a fortaleza de Vilaxoán. LOITA, RESISTENCIA E MORTE”, nun acto organizado polo IESCHA, coa colaboración da Vicepresidencia-Área de Cultura da Deputación de Lugo (entidade editora) e o Concello de Vilalba. 

 

Intervirán no mesmo: Marisa Barreiro, presidenta do Iescha; Chema Felpeto, membro da Xunta Directiva do Iescha, e o propio autor do libro, Antón Meilán.

LER MÁIS

COLOCACIÓN DO MONÓLITO EN HOMENAXE

ROSALÍA DE CASTRO

CARTAZ COLOCACION MONOLITO.jpg

O sábado, día 12 de febreiro de 2022, ás 13 horas, tivo lugar o acto de inauguración do Parque Rosalía De Castro, nome aprobado polo Concello de Vilalba atendendo unha proposta do Instituto de Estudos Chairegos. No referido acto, levarase a cabo a colocación dun monólito en homanaxe a Rosalía, obra do canteiro José Gómez de Bernardo "Pepón", e que foi doado polo Iescha ao pobo de Vilalba.

MONOLITO A ROSALIA DE CASTRO

MONOLITO A ROSALIA DE CASTRO

Reproducir video

Programa das  Xornadas Rosalianas en Vilalba

11-12-18-19-23-25  de febreiro'22

O Concello de Vilalba, a NPG e o IESCHA organizan as “Xornadas Rosalianas” cunha decena de actos musicais, divulgativos, poéticos e teatrais ao redor da figura de Rosalía De Castro.

As “Xornadas Rosalianas” chegan a Vilalba para quedarse. Así o confirmaron desde o Concello de Vilalba, a Nova Poesía Guitirica e o Instituto de Estudos Chairegos, tres entidades que veñen de organizar un programa con máis dunha decena de accións encamiñadas á distinción e recoñecemento de Rosalía de Castro como unha muller sobranceira das nosas letras e imprescindible na nosa cultura.

273306155_3074704162786173_5817439770836379418_n.jpg
CARTAZ ROSALIANA VIKI.jpg
CARTAZ ROSALIANAS A VIAXE DE ROSALIA.jpeg
CARTAZ CALDO DE GLORIA.jpg
CARTAZ ROSALINAS RECITAL.jpeg
CARTAZ ROSALIANAS FAROLAS.jpg
CONTIDO LOTE.jpeg

LOTE QUE SE ENVÍA A@S SOCI@S NOS VINDEIROS DÍAS POR AXENCIA

Informamos a@s soci@s do IESCHA que nos vindeiros días empezarán a repartirse, mediante axencia, os lotes correspondentes a este pasado ano e que estarán formados por:
 

o Libro CONVERSAS ARREDOR DE XORIMA

o Libro RELATORIOS XORNADAS 2018 E 2019

o Revista PENA DO ENCANTO, No 11

o Pequena caixa contendo o USB recompilatorio dos videos da homenaxe “VILALBA, DONA DA CHAIRA” a Manuel María e

o Calendario 2022

 

O lote vai acompañado dunha nota informativa na que, á parte de detallar o contido do lote, inclúese unha pequena táboa de datos coa fin de que poidan remitirse ao Iescha todos aqueles cambios que se poideran ter producido con respecto aos aportados inicialmente.

Feliz Ano 2022!!!

BONADAL21.jpg

Bo Nadal e
Feliz Ano
2022!!!

cartaz XORIMA.jpg

PRESENTACIÓN DO LIBRO

CONVERSAS ARREDOR DE XORIMA

de PAULO NASEIRO

26 DE DECEMBRO DE 2021-20:00

NO AUDITORIO MUNICPAL DE VILALBA

O vindeiro 26 de decembro presentarase na capital chairega o libro Conversas arredor de Xorima, de Paulo Naseiro, editado polo Instituto de Estudos Chairegos. O evento marca o despegue do Proxecto Xorima, un proxecto transmedia que busca homenaxear o grupo de folk Xorima a través de múltiples medios e plataformas, recuperando a súa memoria e reunindo os membros da primeira formación despois de corenta anos.

Xorima foi un grupo revelación no nacente folk instrumental galego dos anos oitenta. Chegaron a actuar nos máis importantes festivais de folk en Galicia e traspasaron as súas fronteiras para acudir a citas como o Festival Intercéltico de Lorient. Do seu paso pola historia do folk galego deixaron pegada nun disco gravado en 1985.

LER MÁIS

PRESENTACIÓN

OS LIBROS QUE HAI EN MIN

de EMMA PEDREIRA

SÁBADO 18-12-2021ás13:00 

CASA DA CULTURA DE VILALBA

CARTAZ LIBRO EMMA PEDREIRA copia.jpg
266752437_10227312031895792_4757749801306119616_n.jpg

VI EXPOSICIÓN

TAL COMO ERAMOS

FOTOS PARA O RECORDO

VENRES 17-12-2021ás19:00 

ESCOLA HABANEIRA

GUITIRIZ

​Nova exposición de fotografía antiga de Guitiriz e a súa xente. É xa a sexta que organiza o Instituto de Estudos Chairegos, que correspondería facer xa no pasado ano, pero que foi adiada por mor da Covid-19.

LER MÁIS

NEGRO PÚRPURA

DE SABELA IGLESIAS E ADRIANA P. VILLANUEVA

VENRES 5 DE NOVEMBRO DE 2021 – 20:00 horas

NO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA

CARTAZ_XORNADAS copia.jpg

XORNADAS

LINGUA E IDENTIDADE

26/27 DE NOVEMBRO DE 2021

Acto Apertura.- Venrtes 26- 19:30 horas

NA CASA DA CULTURA DE VILALBA

O Instituto de Estudos Chairegos e o Consello da Cultura Galega, en colaboración co Concello de Vilalba, organizan as XORNADAS LINGUA E IDENTIDADE, que se levarán a cabo na Casa da Cultura de Vilalba, os días 26 e 27 de novembro de 2021 co seguinte programa:

LER MÁIS

V ICTOR CORRAL.jpg

A VÍCTOR CORRAL
e a DARÍO XOHÁN CABANA,
IN MEMORIAM

 

NEGRO PURPURA.jpg

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) e a Vicepesidencia-Área de Cultura da Deputación de Lugo, en colaboración co Concello de Vilalba, organizan para o venres 5 de novembro de 2021, no Auditorio Municipal de Vilalba, a proxección da película-documental NEGRO PÚRPURA, producida por ILLA BUFARDA e dirixida por SABELA IGLESIAS e ADRIANA P. VILLANUEVA.

O acto dará comezo ás 20:00 horas e contará coa presenza das dúas directoras do film para facer a presentación do mesmo.

LER MÁIS

25N_IESCHA_21 copia.jpg

25N CONTRA AS VIOLENCIAS
MACHISTAS


 

A DARIO copia.jpg

ENTREGA DO IV PREMIO

AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ

A IRIA MISA,  POR A CIDADE DO ÁTOMO

23 DE OUTUBRO DE 2021 -  20:30 AUDITORIO MUNICIPAL

Lois Perez.jpg

DITAME DO XURADO DO

V PREMIO A. FERNÁNDEZ PAZ

---------------------------------------
LOIS PÉREZ DÍAZ

flamante gañador do V Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade, polo seu libro A GRUTA DA TORRE, presentado baixo o lema UN PESO SEMPRE SE GASTOU, segundo o ditame do Xurado emitido onte, 23 de outubro de 2021, unha vez rematada a reunión levada a cabo no local do IESCHA, na Casa da Cultura de Vilalba, e que se seu a coñecer no acto de entrega do IV Premio Agustín Fernández Paz a Iria Misa.

LER COMUNICADO COMPLETO

Lois Pérez nun acto organizado polo IESCHA.

CARTAZ ENTREGA IV PREMIO 32X40_.jpg

O Instituto de Estudos Chairegos, o Concello de Vilalba e Edicións Xerais de Galicia organizan o acto de entrega do IV Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade á escritora gañadora, IRIA MISA, polo seu libro A CIDADE DO ÁTOMO, que terá lugar o sábado, día 23 de outubro de 2021, ás 20:00 horas, no AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA.

LER MÁIS

DEBATES NECESARIOS

QUE SABEMOS DO PXOM?

CONFERENCIA E DEBATE

OS VENRES 22 E 29 DE OUTUBRO DE 2021, 20:30 HORAS- CASA DA CULTURA

LER MÁIS

CARTAZ 2 PXOM.jpg
CARTAZ NO CAMIÑO.jpg
actos outubro resumo web.jpg

EXPOSICIÓN NO CAMIÑO DO COLECTIVO EGEIRA NA CASA DA CULTURA DO 18-24/10

CARTAZ MUSIQUEANDO copia.jpg
WhatsApp Image 2021-09-10 at 13.59.49 (1).jpeg

CONCERTO HOMENAXE A MANUEL MARÍA

GRUPO SOL DO FARO BRASS DE CHANTADA

NA ENTRADA DA CASA DA CULTURA DE VILALBA

AO CARÓN DA ESCULTURA DE MANUEL MARÍA

Sábado 25 DE SETEMBRO DE 2021 – 20:00 horas

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración co Concello de Vilalba, organiza un concerto homenaxe a Manuel María a cargo do grupo musical SOL DO FARO BRASS de Chantada, todo elo dentro do programa MUSIQUEANDO convocado e financiado pola Área de Cultura, Patrimonio Histórico Artístico e Normalización Lingüística da Vicepresiden-cia da Deputación de Lugo.

O acto terá lugar o sábado 25 de setembro de 2021, ás 20:00 horas, na entrada da  CASA DA CULTURA DE VILALBA, ao carón da escultura de MANUEL MARÍA.

No caso de mal tempo, o concerto levaríase a cabo no Auditorio Municipal. 

LER MÁIS

CARTAZ 3 PXOM.jpg

29 de outubro, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura DEBATE SOBRE O PXOM:

-Polo Bloque Nacionalista Galego (BNG) intervirá CONSTANTINO ALVITE MUINELO.

-Polo Partido Popular (PP) intervirá AGUSTÍN BAAMONDE DÍAZ.

-Polo Partido Socialista Obreiro Español (PSOE) intervirá ELBA VELEIRO FERNÁNDEZ

-Por Vilalba Aberta (VA) intervirá MODESTO RENDA SANTISO.

Moderará o debate BARUK DOMÍNGUEZ GRANDÍO.

242131714_4570671046298374_6766911633030828860_n.jpg
CARTAZ A3-2B copia.jpg

INAUGURACIÓN ESCULTURA DE MANUEL MARÍA
de José Gómez de Bernardo
Sábado 4-09-2021 - 12:00 h.-CASA DA CULTURA VILALBA

 

O INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS organiza o acto de inauguración da escultura de MANUEL MARÍA, obra do canteiro JOSÉ GÓMEZ DE BERNARDO, que terá lugar o sábado 4 de setembro de 2021, ás 12:00, na entrada da Casa da Cultura de Vilalba.

A escultura foi doada polo Instituto de Estudos Chairegos ao pobo de Vilalba.

Intervirán:

-Elba Veleiro, Marisa Barreiro, Alberte Ansede, Felipe Senén, José Gómez de Bernardo e Saleta Goi, facendo uso da palabra.

-Buxos Verdes e Cris Román, no apartado musical.

O INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS "PENA DO ENCANTO" DE VILALBA VEN DE ADHERIRSE AO MANIFESTO EN DEFENSA DO MUSEO DE PREHISTORIA E ARQUEOLOXÍA DE VILALBA.

 

MANIFESTO EN DEFENSA DO MUSEO DE PREHISTORIA E ARQUEOLOXÍA DE VILALBA.

SITUACIÓN

Ler máis

NOTA_INFORMATIVA_CONXUNTA EXPO copia.jpg

REPRESENTACIÓN TEATRAL
POETA EN NOVA YORK
GRUPO TEATRO BAIXO DA AREA
26-08-2021 A 22:30H
PATIO CEIP MATO VIZOSO - VILALBA

3 EXPOSICIÓNS 27-08-2021
 

CARTAZ copia.jpg
CARTAZ XELA ARIAS.jpg
CARTAZ TCE A3.jpg
CARTAZ TEATRO POETA EN NOVA YORK.jpg

LER MÁIS

Captura-de-pantalla-2020-05-07-a-las-22.48.56.png

25 de xullo

25xullo_IESCHA copia.jpg

Marcapáxinas
EVA C. GARCÍA

MARCA_PAX2 copia.jpg

Marcapáxinas
ISABEL PARDO

MARCA_PAX4 copia.jpg

EXPOSICIÓN DEBUXO E PINTURA
ISABEL PARDO
23-07-2021 A 20-08-2021
CASA DA CULTURA - VILALBA

CARTAZ EXPO ISABEL copia.jpg

CONVOCATORIA

V PREMIO AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ

23-04-2021 A 12-07-2021

V PREMIO AFP-2021.jpg

VILALBA, DONA DA CHAIRA

Video da presidenta do Instituto de Estudos Chairegos, MARISA BARREIRO, que dá inicio á HOMENAXE POPULAR A MANUEL MARÍA baixo a denominación de VILALBA, DONA DA CHAIRA. A partir de hoxe, oito de setembro, cando se cumple o XVI Cabodano do seu pasamento, e durante un tempo, iranse publicando outros remitidos por un importante número de persoas pertencentes a distintos ámbitos, tanto xeográficos como profesionais, e con disitintos formatos: a música, o recitado, a debuxo, a pintura, o comentario, a loa...

CARTAZ_ANUNCIADOR.jpg
caldaloba231(f).jpg
CARTAZ NACION copia.jpg

CINE GALEGO
PROXECCIÓN DE NACIÓN, DE MARGARITA LEDO ANDIÓN
SÁBADO 12 DE XUÑO DE 2021-19:00
AUDITORIO MUNICIPAL VILALBA

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración co Concello de Vilalba, continuando co seu compromiso de poñer en valor as producións cinematográficas galegas, ten programado para o sábado 12 de xuño de 2021, no Auditorio Municipal de Vilalba, a proxección da película NACIÓN, da directora chairega MARGARITA LEDO ANDIÓN.

O acto dará comezo ás 19:00 horas coa presentación da película por parte da propia directora para proseguir a continuación coa proxección da mesma.

LER MÁIS

CARTAZ O PAU DE FERRO.jpg

PRESENTACIÓN DO LIBRO

O PAU DE FERRO

XOSÉ MANUEL FELPETO CARBALLEIRA

VENRES 4 DE XUÑO DE 2021-20:00

CASA DA CULTURA DE VILALBA

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración co Concello de Vilalba, organiza a presentación do libro O PAU DE FERRO, de XOSÉ MANUEL FELPETO CARBALLEIRA, que terá lugar na Casa da Cultura de Vilalba o vindeiro venres 4 de xuño de 2021, ás 20:00 horas.

Intervirá no acto o autor do libro Xosé Manuel Felpeto, que será presentado pola presidenta do IESCHA, Marisa Barreiro.

LER MÁIS

CARTAZ CICLO CINE.jpg

1, 15, 22 E 29 DE MAIO D 2021 19:30 HORAS - AUDITORIO MUNICIPAL
PREMIOS MESTRE MATEO

CICLO CINE GALEGO

PROXECCIÓN DE LÚA VERMELLA, DE LOIS PATIÑO

FINALISTA DOS MESTRE MATEO'21

SÁBADO 29 DE MAIO DE 2021-19:30

AUDITORIO MUNICIPAL VILALBA

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, remata a programación do ciclo de cine galego proxectando outra das películas finalistas dos Premios Mestre Mateo’2021, LÚA VERMELLA, do director LOIS PATIÑO, que terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o vindeiro sábado 29 de maio, ás 19:30 horas.

LER MÁIS

CARTAZ LUA VERMELLA copia.jpg

CICLO CINE GALEGO

PROXECCIÓN DE ARIMA, DE JAIONE CAMBORDA

FINALISTA DOS MESTRE MATEO'21

SÁBADO 22 DE MAIO DE 2021-19:30

AUDITORIO MUNICIPAL VILALBA

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, continua coa programación do ciclo de cine galego proxectando nesta ocasión outra das películas finalistas dos Premios Mestre Mateo’2021, ARIMA, da directora JAIONE CAMBORDA, que terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o vindeiro sábado 22 de maio, ás 19:30 horas.

LER MÁIS

CARTAZ ARIMA copia.jpg

CICLO CINE GALEGO

PROXECCIÓN DE A ILLA DAS MENTIRAS, DE PAULA CONS

FINALISTA DOS MESTRE MATEO'21

SÁBADO 15 DE MAIO DE 2021-19:30

AUDITORIO MUNICIPAL VILALBA

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, continúa coa programación do ciclo de cine galego proxectando nesta ocasión a película finalista dos Premios Mestre Mateo’2021, A ILLA DAS MENTIRAS, da directora PAULA CONS, que terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o vindeiro sábado 15 de maio, ás 19:30 horas.

O ACTO CONTARÁ COA PRESENZA DE MIGUEL MARIÑO, DIRECTOR DA ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL

LER MÁIS

Dezanove colectivos esixen que as promesas da Consellaría de Cultura se efectivicen realmente rematando co abandono actual

Lugo.- As asociacións da Terra Chá  reuníronse telematicamente para poñer en común a súa posición a respecto do estado de abandono absoluto no que se atopa o castelo Caldaloba, que ameaza coa súa ruína total.

O castelo de Caldaloba ou Vilaxoán, que ten a consideración de Ben de Interese Cultural desde 1985, segue a día de hoxe nunha situación precaria e de continuo deterioro. Este símbolo da resistencia nobiliaria galega, é de interese para entender as mudanzas significativas e duradeiras que se producen no noso país nas últimas décadas do século XV e que poñen fin á existencia efectiva do Reino de Galiza.

LER MÁIS

CARTAZ A ILLA DAS MENTIRAS copia.jpg
img_5d946ca60675b.jpg
caldaloba231(f).jpg
LETRAS GALEGAS21 IESCHA.jpg

LETRAS GALEGAS'2021
Xela Arias

Xela Arias Castaño, nada en Lugo o 4 de marzo de 1962 e finada en Vigo o 2 de novembro de 2003, foi unha poeta, tradutora en varias linguas, editora, e profesora galega, ligada a Edicións Xerais de Galicia, coñecida polas súas obras Tigres coma cabalos e Darío a diario. Wikipedia

Data de nacemento: 4 de marzo de 1962

Lugar de nacemento: Lugo

Falecemento: 1 de novembro de 2003, Vigo

FOTO CINE A ILLA DAS MENTIRAS.jpg
CARTAZ XELA ARIAS_2 copia.jpg

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), dentro dos actos programados co gallo das Letras Galegas’2021, organiza, en colaboración co Concello de Vilalba, a conferencia “XELA ARIAS, A VIDA ÍA EN SERIO”, impartida por MARTA VEIGA IZAGUIRRE, profesora e xornalista.

O acto terá lugar o venres 7 de maio de 2021, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, e será presentado por Marisa Barreiro, presidenta do Iescha.

LER MÁIS

CONFERENCIA LETRAS GALEGAS'2021 POR MARTA VEIGA IZAGUIRRE

XELA ARÍAS, A VIDA ÍA EN SERIO

CASA DA CULTURA DE VILALBA

VENRES 7 DE MAIO DE 2021-20:00

CARTAZ ONS copia.jpg

CICLO CINE GALEGO

PROXECCIÓN DE ONS

GAÑADORA DO MESTRE MATEO'21

SÁBADO 1 DE MAIO DE 2021-19:30

AUDITORIO MUNICIPAL VILALBA

O Instituto de Estudos Chairegos, en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, a Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e o Concello de Vilalba, dá comezo este ciclo de cine coa proxección da película ONS, do director ALFONSO ZARAUZA, flamante gañadora do Mestre Mateo’2021, e que se levará a cabo no Auditorio Municipal de Vilalba o vindeiro sábado 1 de maio, ás 19:30 horas.

LER MÁIS

CONFERENCIA

RICARDO CARVALHO CALERO E O GALEGO QUE PODERIA TER SIDO, E HA DE SER!

MARCOS SAAVEDRA BLANCO

CASA DA CULTURA DE VILALBA

VENRES 16 DE ABRIL DE 2021-20:00

CARTAZ CONFERENCIA CARVALHO2psd copia.jp

O Instituto de Estudos Chairegos, continuando coa programación cultural prevista para este ano 2021, organiza o venres 16 de abril, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba,  unha conferencia a cargo de MARCOS SAAVEDRA, responsábel da Biblioteca Municipal de Vilalba, e que leva por título:

 

Ricardo Carvalho Calero e o galego que poderia ter sido, e há de ser!

VER MÁIS

MESA REDONDA

O DESMANTELAMENTO DO RURAL

CASA DA CULTURA DE VILALBA

XOVES 29 DE ABRIL DE 2021-20:00

novo cartaz copia.jpg

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) organiza  a mesa redonda  “O DESMANTELAMENTO DO RURAL” coa que quere unirse á reivindicación da veciñanza de Baamonde de que continúe o alumnado as clases no Colexio desa localidade, fronte ao intento de pechalo por parte do Concello de Begonte e máis da Xunta de Galicia.

LER MÁIS

ACTO CONMEMORATICO DOS

90 ANOS DA PROCLAMACIÓN, EN VILALBA, DA II REPÚBLICA

TEMPLETE DA PRAZA DA CONSTITUCIÓN DE VILALBA

SÁBADO 24 DE ABRIL DE 2021-20:00

O Instituto de Estudos Chairegos-IESCHA, en colaboración co alumnado da Escola Municipal de Teatro e o Concello de Vilalba, celebrará un acto conmemorativo dos 90 anos da proclamación en Vilalba da Segunda República. Terá lugar o día 24 de abril, sábado, ás 12 da mañá, e desenvolverase no templete da Praza da Constitución -se fixese mal tempo levarase a cabo na Casa da Cultura-. En calquera caso, cumprirase estrictamente coa normativa anti­-covid estipulada por mor da pandemia; deste xeito, dende o Iescha, seguiremos apostando unha vez máis polo lema:“A cultura é segura”.

VER MÁIS

CARTAZ II REPUBLICA copia.jpg
Lareira sonos-Vilalba.jpg

XOVES 25 DE MARZO DE 2021

18:45 (1ªC) 19:00 (2ªC)

NA CASA DA CULTURA DE VILALBA

PORTADA ACTIVIDADES 19-20.jpg

27 de marzo de 2021-12:00 a 14:00 - biblioteca

xornadas museísticas - 2ª sesión

CARTAZ_XORNADAS MUSEISTICAS_2 SESION.jpg

24 de febreiro

DÍA DE ROSALÍA

ROSALIA_TODO_6.jpg

ENCONTRO CON ALUMNADO DO IES BASANTA SILVA

mosaico copia.jpg

COMUNICADO DO IESCHA

XORNADAS MUSEÍSTICAS 

SEGUNDA SESIÓN

SÁBADO 27 DE MARZO DE 2021 – 12:00 a 14:00 horas

NA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE VILALBA
 

O Instituto de Estudos Chairegos, o Concello de Vilalba, o Museo de Prehistoria e Arqueoloxía (MUPAV), e a Asociación de Amigos do Museo de Vilalba, retoman as XORNADAS MUSEÍSTICAS, que convocaran o 14 e 21 do mes de novembro pasado, e programan agora a segunda sesión que fora adiada por mor da pandemia.

Neste ocasión, será o sábado 27 de marzo, de 12:00 a 14:00 horas no Salón de Actos da Biblioteca Municpal de Vilalba. 

O PROGRAMA desenvólvese da seguinte maneira:

SÁBADO 27 DE MARZO de 2021, DE 12:00 A 14:00

MESA REDONDA

“MUSEO DE ARQUEOLOXÍA E ADMINISTRACIÓN LOCAL”

Relatora/es:

AURELIA BALSEIRO GARCÍA. Directora do Museo Provincial de Lugo.

ÁNGEL VILLA VALDÉS. Arqueólogo do Museo de Arqueoloxía de Asturias.

FELIPE ARIAS VILAS. Arqueólogo. Ex director do Museo do Castro de Viladonga.

HUGO LOZANO HERMIDA. Licenciado en Historia, esp. Prehistoria e Arqueoloxía. Membro da Asociación de Amigos do Museo de Vilalba.

LER MÁIS 

8M

MULLERES SENLLEIRAS

8M.- EXPOSICIÓN NA RÚA: MULLERES SENLLEIRAS NA HISTORIA DE VILALBA

O Instituto de Estudos Chairegos agradece á Concellalía de Cultura e Igualdad do Concello de Vilalba que quixera contar con nós para colaborar na exposición MULLERES SENLLEIRAS NA HISTORIA DE VILALBA, co gallo do DÍA DA MULLER, e que se pode contemplar na plaza da Constitución durante estes días.

8M_iescha_2 copia.jpg

8 de marzo

DÍA DA MULLER

Unha xornada moi gratificante a que disfrutaron Marisa Barreiro, Chema Felpeto e Manuel C. Santamariña, directivos do Iescha, na visita que realizaron esta mañá ao IES Basanta Silva de Vilalba para contarlles aspectos relacionados coa actividade cultural do Iescha ao alumnado do Grupo de Lectura do Instituto.

Dende o Iescha queremos agradecer sinceramente a vosa magnífica acollida.

Arriba deixamos unha pequena mostra fotográfica do acto.

bottom of page