SÁBADO 24 DE ABRIL DE 2021-20:00
ACTO CONMEMORATICO DOS
90 ANOS DA PROCLAMACIÓN, EN VILALBA, DA II REPÚBLICA
TEMPLETE DA PRAZA DA CONSTITUCIÓN DE VILALBA
VER MÁIS
SÁBADO 24 DE ABRIL DE 2021-20:00
ACTO CONMEMORATICO DOS
90 ANOS DA PROCLAMACIÓN, EN VILALBA, DA II REPÚBLICA
TEMPLETE DA PRAZA DA CONSTITUCIÓN DE VILALBA
VER MÁIS
SÁBADO 24 DE ABRIL DE 2021-20:00
ACTO CONMEMORATICO DOS
90 ANOS DA PROCLAMACIÓN, EN VILALBA, DA II REPÚBLICA
TEMPLETE DA PRAZA DA CONSTITUCIÓN DE VILALBA
VER MÁIS
Iescha


INSTITUTO DE ESTUDOS
CHAIREGOS
V I L A L B A
XORNADAS
POLA DIVERSIDADE AFECTIVO-SEXUAL E DE XÉNERO
VENRES 25 E SÁBADO 26 DE NOVEMBRO DE 2022
NA CASA DA CULTURA DE VILALBA
ACTO DE INAUGURACIÓN: VENRES 25 DE NOVEMBRO, ÁS 18:00 HORAS
CONSTITUCIÓN DA COMISIÓN DE ECONOMÍA E DEMOGRAFÍA DO IESCHA
VENRES 20 DE MAIO DE 2022-20:00
CASA DA CULTURA DE VILALBA
Mañá, venres, 20 de maio, na Casa da Cultura, terá lugar ás 20 horas (media hora antes do comezo da conferencia de Antonio Oca) a constitución da COMISIÓN DE ECONOMÍA E DEMOGRAFÍA.


DEBATES NECESARIOS
TEN FUTURO O RURAL? HAI ALTERNATIVAS?
impartida por JOSÉ MOURIÑO CUBA
Presenta ALFONSO BAAMONDE FERNÁNDEZ
VENRES 27 DE MAIO DE 2022 - 20:30
CASA DA CULTURA DE VILALBA

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), continuando coa súa programación anual, organiza para os días 20 e 27 de maio de 2022 senllos actos que terán como temática común O RURAL. Baixo o título de “TEN FUTURO O RURAL? HAI ALTERNATIVAS?”, levaranse a cabo dúas CONFERENCIAS nas seguinte datas:
O venres 20 de maio de 2022, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, terá lugar a conferencia a cargo de ANTONIO OCA FERNÁNDEZ, ENXEÑEIRO TÉCNICO AGRÍCOLA.
Presentará o acto XOÁN CARRETERO LÓPEZ

CICLO MESTRE MATEO
PROXECCIÓN DE “A POETA ANALFABETA”
de SONIA MÉNDEZ
DOCUMENTAL FINALISTA MESTRE MATEO’22
DOMINGO 15 DE MAIO DE 2022 - 20:00
AUDITORIO MUNICIPAL VILALBA
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, continúa coas proxeccións correspon-dentes ás películas finalistas dos XX PREMIOS MESTRE MATEO (documentais e longametraxes).
Nesta ocasión, tócalle o turno a outro documental, A POETA ANALFABETA, dirixido por Sonia Méndez.

Esta mañá, no Espazo Manuel María, ao carón da Casa da Cultura de Vilalba, e co gallo do Día das Letras Galegas, dedicado ao escritor Florencio a Delgado Gurriarán, o IESCHA, como xa ten feito noutras ocasións, agasallou as persoas que por alí pasaron con algunhas das súas publicacións.
Aí vai un resumo fotográfico.

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), continuando coa súa programación anual, organiza para os días 20 e 27 de maio de 2022 senllos actos que terán como temática común O RURAL. Baixo o título de “TEN FUTURO O RURAL? HAI ALTERNATIVAS?”, levaranse a cabo dúas CONFERENCIAS nas seguinte datas:
O venres 27 de maio de 2022, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, terá lugar a conferencia a cargo de JOSÉ MOURIÑO CUBA, ENXEÑEIRO TÉCNICO AGRÍCOLA e LICENCIADO EN CIENCIAS BIOLOXICAS
Presentará o acto ALFONSO BAAMONDE FERNÁNDEZÁ
DEBATES NECESARIOS
TEN FUTURO O RURAL? HAI ALTERNATIVAS?
impartida por ANTONIO OCA MARTÍNEZ
Presenta XOÁN CARRETERO
VENRES 20 DE MAIO DE 2022 - 20:30
CASA DA CULTURA DE VILALBA
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), dentro dos actos programados co gallo das Letras Galegas’2022, organiza a conferencia que leva por título “FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN, POESÍA DESDE O EXILIO EN MÉXICO”, que será impartida por MIRO VILLAR, Doutor en Teoría da Literatura e Literatura Comparada pola facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

CONFERENCIA LETRAS GALEGAS 2022
FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN
poesía desde o exilio en México
impartida por MIRO VILLAR
Venres 6 de maio de 2022 - 20:00
CASA DA CULTURA DE VILALBA

CONVOCATORIA DO
VI PREMIO AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ DE
NARRATIVA INFANTIL E XUVENIL POLA IGUALDADE
INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS, CONCELLO DE VILALBA E EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), dentro dos actos programados co gallo das Letras Galegas’2022, organiza a conferencia que leva por título “FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN, POESÍA DESDE O EXILIO EN MÉXICO”, que será impartida por MIRO VILLAR, Doutor en Teoría da Literatura e Literatura Comparada pola facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (USC).


CICLO MESTRE MATEO
de ALBA PROL CID e RAÚL GARCÍA
DOCUMENTAL FINALISTA MESTRE MATEO’22
SÁBADO 26 DE MARZO DE 2022 – NO AUDITORIO

CICLO MESTRE MATEO
de MARCOS NINE
DOCUMENTAL GAÑADOR DO MESTRE MATEO’22
SÁBADO 16 DE ABRIL DE 2022 – 20:00
NO AUDITORIO
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, organiza a proxección da película documental A VIRXE ROXA, de Marcos Nine, documental gañador do Premio Mestre Mateo'22, cotinuando así co CICLO MESTRE MATEO que durante o ano 2022 brindaranos a oportunidade de poder disfrutar das películas finalistas e gañadoras (documentais e longametraxes) dos XX PREMIOS MESTRE MATEO.

PRESENTACIÓN DO LIBRO DE Mª XOSÉ LAMAS
VENRES 18 DE MARZO DE 2022-20:00
NA CASA DA CULTURA DE VILALBA
O venres 18 de marzo de 2022, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, terá lugar a presentación do libro de Mª XOSÉ LAMAS“UN CORVO EN CALDALOBA”, nun acto organizado polo IESCHA, coa colaboración do Concello de Vilalba.
Intervirán no mesmo: Marisa Barreiro, presidenta do Iescha; Antón de Guizán, autor do prólogo do libro; Sofía Naseiro, autora das ilustracións e da cuberta do mesmo, e a autora do libro, Mª Xosé Lamas.
Esta publicación, editada polo IESCHA, coa colaboración do Concello de Vilalba, fai o número 29 da Colección Biblioteca Chairega.

O sábado 19 de marzo de 2022 é a nova data fixada (despois de terse adiado a do 26 de decembro de 2021) para a presentación na capital chairega do libro Conversas arredor de Xorima, de Paulo Naseiro, editado no ano 2020 polo Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración da Área de Cultura/Vicepresiden-cia da Deputación de Lugo. O evento marca o despegue do Proxecto Xorima, un proxecto transmedia que busca homenaxear o grupo de folk Xorima a través de múltiples medios e plataformas, recuperando a súa memoria e reunindo aos membros da primeira formación despois de corenta anos.
PRESENTACIÓN DO LIBRO DE
de PAULO NASEIRO
SÁBADO 19 DE MARZO DE 2022-20:00
NO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA
ASEMBLEA XERAL 2022
25-03-2022 - 19:00
Casa da Cultura


PRESENTACIÓN DO LIBRO DE ANTÓN MEILÁN
Dona Constanza de Castro toma a fortaleza de Vilaxoán
LOITA, RESISTENCIA E MORTE
XOVES 10 DE MARZO DE 2022-20:00
NA CASA DA CULTURA DE VILALBA
O vindeiro xoves 10 de marzo de 2022, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, terá lugar a presentación do libro de ANTÓN MEILÁN “Dona Constanza de Castro toma a fortaleza de Vilaxoán. LOITA, RESISTENCIA E MORTE”, nun acto organizado polo IESCHA, coa colaboración da Vicepresidencia-Área de Cultura da Deputación de Lugo (entidade editora) e o Concello de Vilalba.
Intervirán no mesmo: Marisa Barreiro, presidenta do Iescha; Chema Felpeto, membro da Xunta Directiva do Iescha, e o propio autor do libro, Antón Meilán.
COLOCACIÓN DO MONÓLITO EN HOMENAXE
A ROSALÍA DE CASTRO

O sábado, día 12 de febreiro de 2022, ás 13 horas, tivo lugar o acto de inauguración do Parque Rosalía De Castro, nome aprobado polo Concello de Vilalba atendendo unha proposta do Instituto de Estudos Chairegos. No referido acto, levarase a cabo a colocación dun monólito en homanaxe a Rosalía, obra do canteiro José Gómez de Bernardo "Pepón", e que foi doado polo Iescha ao pobo de Vilalba.