SÁBADO 24 DE ABRIL DE 2021-20:00
ACTO CONMEMORATICO DOS
90 ANOS DA PROCLAMACIÓN, EN VILALBA, DA II REPÚBLICA
TEMPLETE DA PRAZA DA CONSTITUCIÓN DE VILALBA
VER MÁIS
SÁBADO 24 DE ABRIL DE 2021-20:00
ACTO CONMEMORATICO DOS
90 ANOS DA PROCLAMACIÓN, EN VILALBA, DA II REPÚBLICA
TEMPLETE DA PRAZA DA CONSTITUCIÓN DE VILALBA
VER MÁIS
SÁBADO 24 DE ABRIL DE 2021-20:00
ACTO CONMEMORATICO DOS
90 ANOS DA PROCLAMACIÓN, EN VILALBA, DA II REPÚBLICA
TEMPLETE DA PRAZA DA CONSTITUCIÓN DE VILALBA
VER MÁIS
Iescha
INSTITUTO DE ESTUDOS
CHAIREGOS
V I L A L B A
HISTORIA
Nacemento
O Instituto de Estudios Chairegos xermola nun parladoiro entre amigas e amigos, en pleno corazón da Chaira, no lusco e fusco do verán do ano 2000. Fálase da necesidade de creación dunha entidade cultural de ámbito chairego que permita coñecer mellor a nosa comarca e posibilite a súa maior presenza pública. Non se comparte a concepción abusivamente restritiva do concepto de cultura que a identifica coa lectura e a escritura. Pénsase que hai manifestacións culturais tan respectábeis coma esas e que deben ser obxecto de investigación e recuperación: a fermosa arquitectura rural feita por canteiros moitas veces iletrados (cruceiros, cruces, petos de ánimas...), a música tradicional, a arte dos máis variados oficios (zoqueiros ou cesteiras, oleiros ou elaboradoras de queixos), a literatura oral (lendas, contos, cantigas, refráns, adiviñas, ditos), etc. Téimase nunha ampla concepción cultural que conxugue investigación científica actual e respecto polas tradicións, formulando un proxecto sociocultural que busca revalorizar o papel da nosa bisbarra no conxunto da cultura galega. Neste contexto de diálogo e de consenso nace o Instituto de Estudios Chairegos, que paseniñamente se vai facendo realidade en xuntanzas posteriores.
Fins e
obxectivos
Fins
O Instituto de Estudios Chairegos “Pena do Encanto” ten fixados como fins nos seus Estatutos: a investigación, o estudo, a conservación, a defensa e a difusión da Cultura Galega, especialmente no que se refire á lingua, á historia e ás tradicións de Galicia, en xeral, e da Terra Chá, en particular.
Obxectivos
Estatutos
Para unha maior claridade dos fins propostos, exprésanse máis concretamente nos obxectivos seguintes:
-
Conservación, custodia e difusión pública de materiais e mostras etnográficas e artesanais.
-
Promoción, estudio e divulgación do Camiño Norte de Santiago.
-
Labor de concienciación diante de autoridades e particulares sobre a axeitada protección do patrimonio natural e histórico-artístico.
-
Relación particularizada cos centros de ensino da Terra Chá coa finalidade de motivar aos estudantes na importancia da conservación e divulgación do patrimonio cultural.
-
Confección dun mapa histórico-etnográfico da Terra Chá no que conste a identificación de todos os monumentos.
-
Elaboración dun inventario de elementos do patrimonio histórico-artístico relacionados co Camiño Norte de Santiago nos seus itinerarios dente Ribadeo até Melide e Arzúa.
-
Elaboración dun censo patrimonial da Terra Chá coa relación nominal de todas as construcións, conxuntos histórico-artísticos, naturais e paisaxísticos relacionados co ámbito de estudio do IESCHA.
-
Recuperación de publicacións periódicas, do patrimonio audiovisual e de calquera outro de interese para a cultura chairega.
Estatutos do IESCHA
ARTIGO 1.- Constitúese no Concello de Vilalba (Lugo), unha Asociación denominada “INSTITUTO DE ESTUDIOS CHAIREGOS PENA DO ENCANTO”, que se rexerá pola vixente Lei Orgánica 1/2002, de 22 de marzo, reguladora do Dereito de Asociación e demais lexislación existente en materia de Asociacións que lle sexa aplicable, dentro do marco da Constitución e do resto do ordenamento xurídico.
Esta Asociación non se adscribe a ningunha ideoloxía determinada nin poderá servir outros fins que os expresados nestes estatutos, sen que iso signifique renuncia á participación que na vida pública lle corresponda como entidade cultural, a través das canles que estableza a lexislación vixente en cada momento.
A Asociación non ten ánimo de lucro.
ARTIGO 2.- Son fins da Asociación, a investigación, o estudio, a conservación, a defensa e a difusión da cultura galega en todas as ordes, en especial do relacionado coa súa lingua, historia e tradicións. E máis en concreto, de:
1. Conservación, custodia e difusión pública de materiais e mostras etnográficas e artesanais.
2. Promoción, estudio e divulgación do Camiño Norte de Santiago.
3. Labor de concienciación diante de autoridades e particulares sobre a axeitada protección do patrimonio natural e histórico-artístico.
4. Relación particularizada cos centros de ensino da Terra Chá coa finalidade de motivar aos estudiantes na importancia da conservación e divulgación do patrimonio cultural.
5. Confección dun mapa histórico-etnográfico da Terra Chá no que conste a identificación, características e conservación de todos os monumentos.
6. Elaboración dun inventario de elementos do patrimonio histórico-artístico relacionados co Camiño Norte de Santiago nos seus itinerarios na Terra Chá.
7. Elaboración dun censo patrimonial da Terra Chá coa relación nominal de todas as construccións, conxuntos histórico-artísticos, naturais e paisaxísticos relacionados co ámbito de estudio desta Asociación.
8. Recuperación de publicacións periódicas, do patrimonio audiovisual e de calquera outro de interese para a cultura chairega.
No cumprimento dos seus fins, a Asociación organizará traballos de seminario, cursiños, conferencias, sesións de investigación, así como poderá elaborar estudios, emitir dictames ou informes cando lle sexan solicitados e editar publicacións de carácter técnico relacionadas coas materias obxecto dos seus fins, someténdose en todas estas actividades ao que, en cada caso, dispoñan as normas legais vixentes.
ARTIGO 3.- O domicilio da Asociación radicará na Praza Suso Gayoso, número 1, Concello de Vilalba, provincia de Lugo.
ARTIGO 4.- A Asociación desenvolverá as súas actividades dentro do ámbito territorial da comarca da Terra Chá; a súa duración será indefinida e só se disolvera, conforme a estes Estatutos, pola vontade dos asociados expresada en Asemblea Xeral convocada ao efecto por calquera das causas previstas nas leis así como por sentencia xudicial firme.
?ARTIGO 5.- A Xunta Directiva, como órgano de representación da asociación, será competente para interpretar os preceptos contidos nos Estatutos, someténdose en todo momento á normativa legal vixente en materia de Asociacións.
Os presentes Estatutos serán desenvolvidos e cumpridos mediante acordo que validamente adopten a Xunta Directiva e a Asemblea Xeral, dentro das súas respectivas competencias.
TÍTULO II
DOS ÓRGANOS DIRECTIVOS E DA FORMA DE ADMINISTRACIÓN.
ARTIGO 6.- A Dirección e Administración da Asociación serán exercidas pola Presidencia, a Xunta Directiva e a Asemblea Xeral.
ARTIGO 7.- O/a Presidente/a da Asociación, que o será tamén da Xunta Directiva, asume a representación legal da mesma e executará os acordos adoptados pola Xunta Directiva e a Asemblea Xeral, presidindo as sesións que celebre unha e outra.
ARTIGO 8.- A Xunta Directiva é o órgano de representación que xestiona e representa os intereses da Asociación, de acordo coas disposicións e directivas da Asemblea Xeral. Estará formada por unha Presidencia, unha Vicepresidencia, unha Secretaría, unha Vicesecretaría, unha Tesoureirería, e un mínimo de dúas e un máximo de sete vocalías, en función dos acordos que adopte a Asemblea Xeral en cada momento.
Só poderán formar parte de Xunta Directiva aquelas persoas que ostenten a condición de asociadas, que sexan maiores de idade, teñan o pleno uso dos dereitos civís e non estean incursos nos motivos de incompatibilidade establecidos na lexislación vixente.
ARTIGO 9.- Os cargos que compoñen a Xunta Directiva elixiranse pola Asemblea Xeral, entre todas as candidaturas que se presenten, resultando elixida de entre todas elas aquela que obteña máis votos, tras un previo proceso no que se fará a presentación de cada unha delas e do seu programa de goberno pola persoa que as encabece. En todo caso nas candidaturas presentadas á Xunta Directiva deberán estar perfectamente determinados e distribuídos os distintos cargos da mesma entre os seus integrantes.
Os cargos da Xunta Directiva durarán un período de catro anos, aínda que poderán ser obxecto de reelección. No caso de vacante dalgún dos cargos e, en todo caso, no non previsto ao respecto nestes Estatutos, a Xunta Directiva poderá nomear provisionalmente á persoa que estime axeitada, ata a nova elección de cargos.
Os cargos da Xunta Directiva poderán causar baixa por expiración do mandato, por incumprimento das obrigas que teñan encomendadas ou por renuncia voluntaria comunicada por escrito á Xunta Directiva.
Os cargos da Xunta Directiva que esgotaran o prazo para o cal foron elixidos continuarán ostentando os seus cargos ata o momento no que se produza a aceptación daqueles asociados que os substitúan.
ARTIGO 10.- Os cargos da Xunta Directiva non percibirán retribución polo cargo desempeñado.
ARTIGO 11.- É función da Xunta Directiva, programar e dirixir as actividades sociais e levar a xestión administrativa e económica da Asociación, someter á aprobación da Asemblea Xeral o presuposto anual de gastos e ingresos, así como o estado de contas do ano anterior.
?ARTIGO 12.- A Xunta Directiva celebrará as súas sesións cantas veces o determine a Presidencia, a iniciativa propia ou a petición de polo menos tres dos seus compoñentes. Será presidida polo/a Presidente/a e, na súa ausencia, polo/a Vicepresidente/a, se o houbese, e a falta de ámbolos dous, polo membro da Xunta Directiva de maior idade.
Para que os acordos da Xunta Directiva sexan válidos, deberán ser adoptados por maioría de votos dos asistentes, sendo precisa a concorrencia, polo menos da metade máis un dos seus membros, incluídos o/a Presidente/a e o/a Secretario/a ou quen estatutariamente os substitúan. Das sesións o/a Secretario/a, ou no seu defecto, o/a Vicesecretario/a, se o houbese, levantarán acta, que se transcribirá ao Libro de Actas.
ARTIGO 13.- Os membros da Xunta Directiva presidirán as Comisións que a propia Xunta acorde constituír, co fin de delegar nelas a preparación de determinados actos ou actividades, ou de demandar das mesmas as informacións necesarias. Formarán parte, ademais, das ditas Comisións o número de Vocais que acorde a Xunta Directiva, a proposta dos seus respectivos Presidentes.
ARTIGO 14.- A Presidencia da Xunta Directiva terá, ademais das facultades asignadas no Art. 7º, as seguintes atribucións:
1. Convocar e levantar as sesións que celebre a Xunta Directiva e a Asemblea Xeral, dirixir as deliberacións de unha e outra, decidindo con voto de calidade no caso de empate.
2. Propoñer o plano de actividades da Asociación á Xunta Directiva, impulsando e dirixindo as súas tarefas.
3. Ordenar os pagamentos acordados validamente.
4. O/a Presidente/a estará asistido/a nas súas funcións polo/a Vicepresidente/a, se o houbese, que ademais o substituirá nos casos de vacante, ausencia ou enfermidade.
ARTIGO 15.- O/a Secretario/a recibirá e tramitará as solicitudes de ingreso, levará o ficheiro e o Libro Rexistro de Socios/as e terá ao seu cargo a dirección dos traballos administrativos da entidade. Auxiliarao nas súas funcións e substituirao nos casos de vacante, ausencia ou enfermidade o/a Vicesecretario/a, se o houbese.
ARTIGO 16.- O/a Tesoureiro/a recadará e custodiará os fondos pertencentes á Asociación e dará cumprimento ás ordes de pagamento que expida a Presidencia. Así mesmo, formalizará o orzamento anual de ingresos e gastos, así como o estado de contas do ano anterior, que deben se presentadas á Xunta Directiva, para que esta á súa vez, os someta á aprobación da Asemblea Xeral.
ARTIGO 17.- Cada un dos compoñentes da Xunta Directiva terá os deberes propios do seu cargo, así como os que nazan das delegacións ou comisións que a propia Xunta lles encomende.
Incumbirá de maneira concreta á Secretaría, no seu caso, á Vicesecretaría, velar polo cumprimento das disposicións legais vixentes en materia de Asociacións, custodiando a documentación oficial da Entidade, expedindo certificacións das actas e dos acordos tomados polos órganos de goberno e representación co visto e prace da Presidencia e facendo que cursen á Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local as comunicacións sobre designación da Xunta Directiva, celebración de Asembleas Xerais, formalización do estado de contas e aprobación dos orzamentos anuais.
ARTIGO 18.- A Asemblea Xeral é o órgano supremo de goberno da Asociación, integrada polos asociados, que adopta os seus acordos polo principio maioritario ou de democracia interna, e que se reunirá sempre que o acorde a Xunta Directiva, por propia iniciativa ou polo que acorde a décima parte dos seus asociados.
?Obrigatoriamente a Asemblea Xeral deberá ser convocada en sesión ordinaria, polo menos unha vez ao ano, para aprobar o Plano Xeral de actuación da Asociación, censurar a xestión da Xunta Directiva, aprobar, no seu caso, os orzamentos anuais de ingresos e gastos, así como o estado de contas correspondentes ao ano anterior e cantas outras cuestións se sometan á votación no capítulo de rogos e preguntas.
ARTIGO 19.- A Asemblea Xeral convocarase pola Xunta Directiva, con carácter extraordinario, cando o esixan as disposicións vixentes, o acorden os membros da Xunta Directiva ou o solicite un número de asociados non inferior ao 10%, en todo caso, para modificación dos Estatutos, así como para elixir os membros da Xunta Directiva, disposición ou alleamento de bens, disolución da Asociación, expulsión de asociados a proposta da Xunta Directiva, aprobación do regulamento de réxime interno da Asociación e a solicitude da Declaración de Utilidade Pública. Tamén é da súa competencia a Constitución de Federacións, Confederacións ou Unións ou a súa integración nelas.
ARTIGO 20.- As convocatorias de Asembleas Xerais, tanto Ordinarias como Extraordinarias, serán feitas por escrito, expresando o lugar, data e hora da reunión, así como a orde do día. Entre a primeira convocatoria e o día da reunión deberán mediar polo menos quince días naturais; a segunda convocatoria realizarase media hora máis tarde da primeira.
Así mesmo incluiranse na orde do día das convocatorias aqueles asuntos propostos por un número de asociados da Asociación non inferior ao 10%, que as presentarán perante o Secretario da Xunta Directiva cunha antelación mínima de sete días á celebración das sesións das Asembleas Xerais.
ARTIGO 21.- A convocatoria da Asemblea Xeral extraordinaria de modificación dos Estatutos da Asociación estará acompañada do texto coas modificacións propostas, abríndose un prazo de 7 días para que calquera asociado/a poida dirixir á Secretaría as propostas e emendas que estime oportunas. Estas complementarán a documentación da citada Asemblea e serán entregadas cunha antelación mínima de 3 días á realización da mesma.
ARTIGO 22.- As Asembleas Xerais Ordinarias ou Extraordinarias, quedarán validamente constituídas en primeira convocatoria, cando concorran a elas, presentes ou representados, a metade máis un dos asociados, e en segunda convocatoria cando asistan a décima parte dos mesmos.
ARTIGO 23.- Os acordos da Asemblea Xeral adoptaranse por maioría simple das persoas presentes ou representadas, cando os votos afirmativos superen ós negativos. Non obstante, requirirán maioría cualificada das dúas terceiras partes das persoas presentes ou representadas, os acordos relativos á disolución da asociación, modificación dos Estatutos, disposición ou alleamento de bens e remuneración do órgano de representación.
ARTIGO 24.- A Xunta Directiva resérvase o dereito de decisión, sobre situacións non contempladas nestes Estatutos, sempre que non sexan incompatibles coas xa existentes e non estean en contradicción coa Lei vixente reguladora do dereito de asociación e demais disposicións regulamentarias que a desenvolvan.
ARTIGO 25.- Os acordos que vaian contra estes Estatutos ou infrinxan os fins da Asociación poderán ser recorridos en reposición perante a Asemblea Xeral. A partir da resolución do recurso de reposición, quedará expedita a vía para recorrer perante a xurisdicción ordinaria.
ARTIGO 26.- A Asociación disporá dunha relación actualizada dos seus asociados, levará unha contabilidade que reflicta a imaxe fiel do patrimonio, do resultado de situación financeira da Entidade, así como as actividades realizadas, efectuará un inventario dos seus bens e recollerá nun Libro de Actas as reunións da Asemblea Xeral e da Xunta Directiva.
TÍTULO III
DOS ASOCIADOS, DEREITOS E OBRIGAS
ARTIGO 27.- Poderán ser membros da Asociación, libre e voluntariamente, as persoas físicas e xurídicas, legalmente constituídas, sexan estas públicas ou privadas, que dalgunha maneira teñan interese en servir os fins da mesma e sexan admitidos pola Xunta Directiva, a cal poderá outorgar o nomeamento de membro honorario ás persoas que estime oportuno, a título meramente honorífico, sen que iso leve consigo a condición xurídica de asociado.
As persoas físicas deberán ter capacidade de obrar e non estarán suxeitas a ningunha condición legal para o exercicio do dereito. Os menores non emancipados de máis de catorce anos necesitarán o consentimento, documentalmente acreditado, das persoas que deban suplir a súa capacidade.
As persoas xurídicas de natureza asociativa requirirán, para formar parte da Asociación, o acordo expreso do seu órgano competente e as de natureza institucional o acordo do seu órgano rector.
ARTIGO 28.- Aquelas persoas que desexen pertencer á Asociación, solicitarano por escrito á Presidencia, a cal dará conta á Xunta Directiva, que resolverá sobre a admisión ou inadmisión do/a asociado/a con recurso perante a Asemblea Xeral
ARTIGO 29.- Os asociados poderán solicitar a súa baixa na Asociación voluntariamente, en calquera tempo, pero isto non lles eximirá de satisfacer as obrigas que teñan pendentes con ela.
A Xunta Directiva poderá separar ou expulsar da Asociación a aqueles asociados que os fagan indignos de seguir pertencendo á mesma, así como adoptar calquera outra medida disciplinaria contra aqueles. A separación ou expulsión, así como calquera outra medida disciplinaria adoptada, será precedida de expediente no que deberá ser oído/a o/a interesado/a, que será informado/a dos feitos que dean lugar a tales medidas, debendo ser motivado o acordo que, no seu caso, impoña a sanción. Este acordo en todo caso deberá ser ratificado pola Asemblea Xeral e contra a súa resolución poderase recorrer perante a xurisdicción ordinaria.
ARTIGO 30.- Os asociados terán os seguintes dereitos:
1. Participar nas actividades que promova a Asociación e nos actos sociais que organice parta todos os asociados.
2. Gozar de todas as vantaxes e beneficios que a Asociación poida obter.
3. Asistir e exercitar o dereito de voz e voto nas Asembleas Xerais. En todo caso cada asociado que sexa persoa xurídica terá dereito a un só voto.
4. Ser nomeado membro da Xunta Directiva, na forma que prevén os Estatutos.
5. Posuír exemplar destes Estatutos e ter coñecemento dos acordos adoptados polos órganos directivos.
6. Ser informado sobre a composición da Xunta Directiva da Asociación.
7. Recibir información anual do estado de contas e ingresos e gastos da Asociación, así como do desenvolvemento da súa actividade.
8. A impugnar os acordos dos órganos da Asociación que estime contrarios á Lei e aos Estatutos.
ARTIGO 31.- Os asociados poderán ser sancionados pola Xunta Directiva por infrinxir os presentes Estatutos, ou os acordos da Asemblea Xeral ou a propia Xunta Directiva. As sancións poden comprender dende a suspensión dos seus dereitos durante un mes, ata a separación definitiva da Asociación, nos mesmos termos que prevén o artigo 29º.
ARTIGO 32.- Serán obrigas de todos os asociados:
1. Compartir as finalidades da Asociación e colaborar para a consecución das mesmas.
2. Observar unha boa conducta individual e cívica.
3. Acatar os presentes Estatutos e os acordos validamente adoptados pola Asemblea Xeral.
4. Aboar as cotas periódicas, derramas e outras contribucións que acorde a Asemblea Xeral.
5. Desempeñar fielmente as obrigas inherentes ao cargo que desempeñen.
6. Cumprir o resto de obrigas que resulten destes Estatutos.
TÍTULO IV
DO RÉXIME ECONÓMICO E DA DISOLUCIÓN DA ASOCIACIÓN
ARTIGO 33.- A Asociación carece de patrimonio ao constituírse e o seu orzamento anual é indeterminado ou, no seu caso, será o que se determine a principios de cada ano pola Asemblea Xeral.
ARTIGO 34.- A data de peche do exercicio económico da Asociación será a de 31 de decembro e as contas da Asociación serán aprobadas anualmente pola Asemblea Xeral, polo que deberán ser postas previamente a disposición dos asociados durante un prazo non inferior aos 15 días ao sinalado para a celebración da referida Asemblea Xeral.
ARTIGO 35.- Os recursos económicos previstos para o desenvolvemento das actividades sociais serán os seguintes:
1. As cotas periódicas que acorde a Asemblea Xeral.
2. As cotas extraordinarias que propoña a Xunta Directiva e sexan aprobadas pola Asemblea.
3. Os productos dos bens e dereitos que lle correspondan, así como as subvencións, legados, doazóns que poida recibir en forma legal.
4. Os ingresos que obteña a Asociación mediante o exercicio de actividades económicas lícitas que acorde realizar a Xunta Directiva, incluídas as prestacións de servicios, deberán destinarse exclusivamente ao cumprimento dos seus fins estatutarios.
ARTIGO 36.- A administración dos fondos da Asociación levarase a cabo sometida á correspondente información e intervención e coa publicidade suficiente, a fin de que todos os asociados poidan ter coñecemento periodicamente do destino dos fondos, sen prexuízo do dereito consignado a este respecto no apartado g) do artigo 30º destes Estatutos.
ARTIGO 37.- No caso de disolverse a Asociación, a Asemblea Xeral que acorde a disolución, nomeará unha Comisión Liquidadora, composta por cinco membros, a cal farase cargo dos fondos que existan, para que, unha vez satisfeitas as obrigas, o remanente, se o houbera, sexa entregado a calquera entidade legalmente constituída, con domicilio nesta provincia, que se dedique a iguais, ou no seu defecto análogos fins, ca esta Asociación, ou unha entidade benéfica.
?Así mesmo, no caso de insolvencia da Asociación, a Xunta Directiva, ou se é o caso, os liquidadores nomeados pola Asemblea Xeral, promoverán de inmediato o oportuno procedemento concursal perante o xuíz competente.
En proba de conformidade co presente proxecto de Estatutos, asinan todos os membros constituíntes da Asociación que se propón.