top of page

CARRILANOS

VENRES, 19 DE XULLO DE 2013, ÁS 20:30 HORAS, NO CENTRO CULTURAL E RECREATIVO DE VILALBA

de RAFAEL CID, director de TVE-Galicia
A historia dos “carrilanos” chega á Terra Cha 
 
O vindeiro 19 de xullo, venres, terá lugar no Centro Cultural e Recreativo de Vilalba a proxección da película documental "Carrilanos". Os túneles dun tempo", a historia interminable da construción do ferrocarril Puebla de Sanabria-Ourense durante case medio século, prometida por gobernos monárquicos, repúblicanos e da ditadura. Durante 58 minutos e da man dos seus protagonistas aínda vivos se reconstrúen os detalles dunha obra que aparentaba interminable, cunha odisea técnica e humana de por medio da que eles non eran conscientes e os demais descoñeciamos. O acto, organizado conxuntamente por A Voz de Vilalba e o Instituto de Estudos Chairegos, será a partir das 20:30 horas no Centro Cultural e Recreativo e contará dos presenza de Rafael Cid, autor do documental e actual director de RTVE Galicia, que estará acompañado polos xornalistas Antón Grande (vice-presidente da Asociación da Prensa de Lugo) e  Moncho Paz (co-editor de A Voz de Vilalba). 
bottom of page