SÁBADO 24 DE ABRIL DE 2021-20:00
ACTO CONMEMORATICO DOS
90 ANOS DA PROCLAMACIÓN, EN VILALBA, DA II REPÚBLICA
TEMPLETE DA PRAZA DA CONSTITUCIÓN DE VILALBA
VER MÁIS
SÁBADO 24 DE ABRIL DE 2021-20:00
ACTO CONMEMORATICO DOS
90 ANOS DA PROCLAMACIÓN, EN VILALBA, DA II REPÚBLICA
TEMPLETE DA PRAZA DA CONSTITUCIÓN DE VILALBA
VER MÁIS
SÁBADO 24 DE ABRIL DE 2021-20:00
ACTO CONMEMORATICO DOS
90 ANOS DA PROCLAMACIÓN, EN VILALBA, DA II REPÚBLICA
TEMPLETE DA PRAZA DA CONSTITUCIÓN DE VILALBA
VER MÁIS
Iescha


INSTITUTO DE ESTUDOS
CHAIREGOS
V I L A L B A
DEBATES NECESARIOS
TEN FUTURO O RURAL? HAI ALTERNATIVAS?
impartida por JOSÉ MOURIÑO CUBA
Presenta ALFONSO BAAMONDE FERNÁNDEZ
VENRES 27 DE MAIO DE 2022 - 20:30
CASA DA CULTURA DE VILALBA

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), continuando coa súa programación anual, organiza para os días 20 e 27 de maio de 2022 senllos actos que terán como temática común O RURAL. Baixo o título de “TEN FUTURO O RURAL? HAI ALTERNATIVAS?”, levaranse a cabo dúas CONFERENCIAS nas seguinte datas:
O venres 20 de maio de 2022, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, terá lugar a conferencia a cargo de ANTONIO OCA FERNÁNDEZ, ENXEÑEIRO TÉCNICO AGRÍCOLA.
Presentará o acto XOÁN CARRETERO LÓPEZ

CICLO MESTRE MATEO
PROXECCIÓN DE “A POETA ANALFABETA”
de SONIA MÉNDEZ
DOCUMENTAL FINALISTA MESTRE MATEO’22
DOMINGO 15 DE MAIO DE 2022 - 20:00
AUDITORIO MUNICIPAL VILALBA
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, continúa coas proxeccións correspon-dentes ás películas finalistas dos XX PREMIOS MESTRE MATEO (documentais e longametraxes).
Nesta ocasión, tócalle o turno a outro documental, A POETA ANALFABETA, dirixido por Sonia Méndez.

Esta mañá, no Espazo Manuel María, ao carón da Casa da Cultura de Vilalba, e co gallo do Día das Letras Galegas, dedicado ao escritor Florencio a Delgado Gurriarán, o IESCHA, como xa ten feito noutras ocasións, agasallou as persoas que por alí pasaron con algunhas das súas publicacións.
Aí vai un resumo fotográfico.

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), continuando coa súa programación anual, organiza para os días 20 e 27 de maio de 2022 senllos actos que terán como temática común O RURAL. Baixo o título de “TEN FUTURO O RURAL? HAI ALTERNATIVAS?”, levaranse a cabo dúas CONFERENCIAS nas seguinte datas:
O venres 27 de maio de 2022, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, terá lugar a conferencia a cargo de JOSÉ MOURIÑO CUBA, ENXEÑEIRO TÉCNICO AGRÍCOLA e LICENCIADO EN CIENCIAS BIOLOXICAS
Presentará o acto ALFONSO BAAMONDE FERNÁNDEZÁ
DEBATES NECESARIOS
TEN FUTURO O RURAL? HAI ALTERNATIVAS?
impartida por ANTONIO OCA MARTÍNEZ
Presenta XOÁN CARRETERO
VENRES 20 DE MAIO DE 2022 - 20:30
CASA DA CULTURA DE VILALBA
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), dentro dos actos programados co gallo das Letras Galegas’2022, organiza a conferencia que leva por título “FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN, POESÍA DESDE O EXILIO EN MÉXICO”, que será impartida por MIRO VILLAR, Doutor en Teoría da Literatura e Literatura Comparada pola facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

CONFERENCIA LETRAS GALEGAS 2022
FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN
poesía desde o exilio en México
impartida por MIRO VILLAR
Venres 6 de maio de 2022 - 20:00
CASA DA CULTURA DE VILALBA

CONVOCATORIA DO
VI PREMIO AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ DE
NARRATIVA INFANTIL E XUVENIL POLA IGUALDADE
INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS, CONCELLO DE VILALBA E EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), dentro dos actos programados co gallo das Letras Galegas’2022, organiza a conferencia que leva por título “FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN, POESÍA DESDE O EXILIO EN MÉXICO”, que será impartida por MIRO VILLAR, Doutor en Teoría da Literatura e Literatura Comparada pola facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (USC).


CICLO MESTRE MATEO
de ALBA PROL CID e RAÚL GARCÍA
DOCUMENTAL FINALISTA MESTRE MATEO’22
SÁBADO 26 DE MARZO DE 2022 – NO AUDITORIO

CICLO MESTRE MATEO
de MARCOS NINE
DOCUMENTAL GAÑADOR DO MESTRE MATEO’22
SÁBADO 16 DE ABRIL DE 2022 – 20:00
NO AUDITORIO
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, organiza a proxección da película documental A VIRXE ROXA, de Marcos Nine, documental gañador do Premio Mestre Mateo'22, cotinuando así co CICLO MESTRE MATEO que durante o ano 2022 brindaranos a oportunidade de poder disfrutar das películas finalistas e gañadoras (documentais e longametraxes) dos XX PREMIOS MESTRE MATEO.

PRESENTACIÓN DO LIBRO DE Mª XOSÉ LAMAS
VENRES 18 DE MARZO DE 2022-20:00
NA CASA DA CULTURA DE VILALBA
O venres 18 de marzo de 2022, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, terá lugar a presentación do libro de Mª XOSÉ LAMAS“UN CORVO EN CALDALOBA”, nun acto organizado polo IESCHA, coa colaboración do Concello de Vilalba.
Intervirán no mesmo: Marisa Barreiro, presidenta do Iescha; Antón de Guizán, autor do prólogo do libro; Sofía Naseiro, autora das ilustracións e da cuberta do mesmo, e a autora do libro, Mª Xosé Lamas.
Esta publicación, editada polo IESCHA, coa colaboración do Concello de Vilalba, fai o número 29 da Colección Biblioteca Chairega.

O sábado 19 de marzo de 2022 é a nova data fixada (despois de terse adiado a do 26 de decembro de 2021) para a presentación na capital chairega do libro Conversas arredor de Xorima, de Paulo Naseiro, editado no ano 2020 polo Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración da Área de Cultura/Vicepresiden-cia da Deputación de Lugo. O evento marca o despegue do Proxecto Xorima, un proxecto transmedia que busca homenaxear o grupo de folk Xorima a través de múltiples medios e plataformas, recuperando a súa memoria e reunindo aos membros da primeira formación despois de corenta anos.
PRESENTACIÓN DO LIBRO DE
de PAULO NASEIRO
SÁBADO 19 DE MARZO DE 2022-20:00
NO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA
ASEMBLEA XERAL 2022
25-03-2022 - 19:00
Casa da Cultura


PRESENTACIÓN DO LIBRO DE ANTÓN MEILÁN
Dona Constanza de Castro toma a fortaleza de Vilaxoán
LOITA, RESISTENCIA E MORTE
XOVES 10 DE MARZO DE 2022-20:00
NA CASA DA CULTURA DE VILALBA
O vindeiro xoves 10 de marzo de 2022, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, terá lugar a presentación do libro de ANTÓN MEILÁN “Dona Constanza de Castro toma a fortaleza de Vilaxoán. LOITA, RESISTENCIA E MORTE”, nun acto organizado polo IESCHA, coa colaboración da Vicepresidencia-Área de Cultura da Deputación de Lugo (entidade editora) e o Concello de Vilalba.
Intervirán no mesmo: Marisa Barreiro, presidenta do Iescha; Chema Felpeto, membro da Xunta Directiva do Iescha, e o propio autor do libro, Antón Meilán.
COLOCACIÓN DO MONÓLITO EN HOMENAXE
A ROSALÍA DE CASTRO

O sábado, día 12 de febreiro de 2022, ás 13 horas, tivo lugar o acto de inauguración do Parque Rosalía De Castro, nome aprobado polo Concello de Vilalba atendendo unha proposta do Instituto de Estudos Chairegos. No referido acto, levarase a cabo a colocación dun monólito en homanaxe a Rosalía, obra do canteiro José Gómez de Bernardo "Pepón", e que foi doado polo Iescha ao pobo de Vilalba.
Programa das Xornadas Rosalianas en Vilalba
11-12-18-19-23-25 de febreiro'22
O Concello de Vilalba, a NPG e o IESCHA organizan as “Xornadas Rosalianas” cunha decena de actos musicais, divulgativos, poéticos e teatrais ao redor da figura de Rosalía De Castro.
As “Xornadas Rosalianas” chegan a Vilalba para quedarse. Así o confirmaron desde o Concello de Vilalba, a Nova Poesía Guitirica e o Instituto de Estudos Chairegos, tres entidades que veñen de organizar un programa con máis dunha decena de accións encamiñadas á distinción e recoñecemento de Rosalía de Castro como unha muller sobranceira das nosas letras e imprescindible na nosa cultura.







LOTE QUE SE ENVÍA A@S SOCI@S NOS VINDEIROS DÍAS POR AXENCIA
Informamos a@s soci@s do IESCHA que nos vindeiros días empezarán a repartirse, mediante axencia, os lotes correspondentes a este pasado ano e que estarán formados por:
o Libro CONVERSAS ARREDOR DE XORIMA
o Libro RELATORIOS XORNADAS 2018 E 2019
o Revista PENA DO ENCANTO, No 11
o Pequena caixa contendo o USB recompilatorio dos videos da homenaxe “VILALBA, DONA DA CHAIRA” a Manuel María e
o Calendario 2022
O lote vai acompañado dunha nota informativa na que, á parte de detallar o contido do lote, inclúese unha pequena táboa de datos coa fin de que poidan remitirse ao Iescha todos aqueles cambios que se poideran ter producido con respecto aos aportados inicialmente.
Feliz Ano 2022!!!

Bo Nadal e
Feliz Ano
2022!!!

de PAULO NASEIRO
26 DE DECEMBRO DE 2021-20:00
NO AUDITORIO MUNICPAL DE VILALBA
O vindeiro 26 de decembro presentarase na capital chairega o libro Conversas arredor de Xorima, de Paulo Naseiro, editado polo Instituto de Estudos Chairegos. O evento marca o despegue do Proxecto Xorima, un proxecto transmedia que busca homenaxear o grupo de folk Xorima a través de múltiples medios e plataformas, recuperando a súa memoria e reunindo os membros da primeira formación despois de corenta anos.
Xorima foi un grupo revelación no nacente folk instrumental galego dos anos oitenta. Chegaron a actuar nos máis importantes festivais de folk en Galicia e traspasaron as súas fronteiras para acudir a citas como o Festival Intercéltico de Lorient. Do seu paso pola historia do folk galego deixaron pegada nun disco gravado en 1985.
PRESENTACIÓN
SÁBADO 18-12-2021ás13:00
CASA DA CULTURA DE VILALBA


VI EXPOSICIÓN
FOTOS PARA O RECORDO
VENRES 17-12-2021ás19:00
ESCOLA HABANEIRA
GUITIRIZ
Nova exposición de fotografía antiga de Guitiriz e a súa xente. É xa a sexta que organiza o Instituto de Estudos Chairegos, que correspondería facer xa no pasado ano, pero que foi adiada por mor da Covid-19.
DE SABELA IGLESIAS E ADRIANA P. VILLANUEVA
VENRES 5 DE NOVEMBRO DE 2021 – 20:00 horas
NO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA

26/27 DE NOVEMBRO DE 2021
Acto Apertura.- Venrtes 26- 19:30 horas
NA CASA DA CULTURA DE VILALBA
O Instituto de Estudos Chairegos e o Consello da Cultura Galega, en colaboración co Concello de Vilalba, organizan as XORNADAS LINGUA E IDENTIDADE, que se levarán a cabo na Casa da Cultura de Vilalba, os días 26 e 27 de novembro de 2021 co seguinte programa:
LER MÁIS

A VÍCTOR CORRAL
e a DARÍO XOHÁN CABANA,
IN MEMORIAM

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) e a Vicepesidencia-Área de Cultura da Deputación de Lugo, en colaboración co Concello de Vilalba, organizan para o venres 5 de novembro de 2021, no Auditorio Municipal de Vilalba, a proxección da película-documental NEGRO PÚRPURA, producida por ILLA BUFARDA e dirixida por SABELA IGLESIAS e ADRIANA P. VILLANUEVA.
O acto dará comezo ás 20:00 horas e contará coa presenza das dúas directoras do film para facer a presentación do mesmo.

25N CONTRA AS VIOLENCIAS
MACHISTAS

ENTREGA DO IV PREMIO
A IRIA MISA, POR A CIDADE DO ÁTOMO
23 DE OUTUBRO DE 2021 - 20:30 AUDITORIO MUNICIPAL

V PREMIO A. FERNÁNDEZ PAZ
---------------------------------------
LOIS PÉREZ DÍAZ
flamante gañador do V Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade, polo seu libro A GRUTA DA TORRE, presentado baixo o lema UN PESO SEMPRE SE GASTOU, segundo o ditame do Xurado emitido onte, 23 de outubro de 2021, unha vez rematada a reunión levada a cabo no local do IESCHA, na Casa da Cultura de Vilalba, e que se seu a coñecer no acto de entrega do IV Premio Agustín Fernández Paz a Iria Misa.
Lois Pérez nun acto organizado polo IESCHA.

O Instituto de Estudos Chairegos, o Concello de Vilalba e Edicións Xerais de Galicia organizan o acto de entrega do IV Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade á escritora gañadora, IRIA MISA, polo seu libro A CIDADE DO ÁTOMO, que terá lugar o sábado, día 23 de outubro de 2021, ás 20:00 horas, no AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA.
DEBATES NECESARIOS
CONFERENCIA E DEBATE
OS VENRES 22 E 29 DE OUTUBRO DE 2021, 20:30 HORAS- CASA DA CULTURA



EXPOSICIÓN NO CAMIÑO DO COLECTIVO EGEIRA NA CASA DA CULTURA DO 18-24/10

.jpeg)
CONCERTO HOMENAXE A MANUEL MARÍA
GRUPO SOL DO FARO BRASS DE CHANTADA
NA ENTRADA DA CASA DA CULTURA DE VILALBA
AO CARÓN DA ESCULTURA DE MANUEL MARÍA
Sábado 25 DE SETEMBRO DE 2021 – 20:00 horas
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración co Concello de Vilalba, organiza un concerto homenaxe a Manuel María a cargo do grupo musical SOL DO FARO BRASS de Chantada, todo elo dentro do programa MUSIQUEANDO convocado e financiado pola Área de Cultura, Patrimonio Histórico Artístico e Normalización Lingüística da Vicepresiden-cia da Deputación de Lugo.
O acto terá lugar o sábado 25 de setembro de 2021, ás 20:00 horas, na entrada da CASA DA CULTURA DE VILALBA, ao carón da escultura de MANUEL MARÍA.
No caso de mal tempo, o concerto levaríase a cabo no Auditorio Municipal.

29 de outubro, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura DEBATE SOBRE O PXOM:
-Polo Bloque Nacionalista Galego (BNG) intervirá CONSTANTINO ALVITE MUINELO.
-Polo Partido Popular (PP) intervirá AGUSTÍN BAAMONDE DÍAZ.
-Polo Partido Socialista Obreiro Español (PSOE) intervirá ELBA VELEIRO FERNÁNDEZ
-Por Vilalba Aberta (VA) intervirá MODESTO RENDA SANTISO.
Moderará o debate BARUK DOMÍNGUEZ GRANDÍO.

INAUGURACIÓN ESCULTURA DE MANUEL MARÍA
de José Gómez de Bernardo
Sábado 4-09-2021 - 12:00 h.-CASA DA CULTURA VILALBA
O INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS organiza o acto de inauguración da escultura de MANUEL MARÍA, obra do canteiro JOSÉ GÓMEZ DE BERNARDO, que terá lugar o sábado 4 de setembro de 2021, ás 12:00, na entrada da Casa da Cultura de Vilalba.
A escultura foi doada polo Instituto de Estudos Chairegos ao pobo de Vilalba.
Intervirán:
-Elba Veleiro, Marisa Barreiro, Alberte Ansede, Felipe Senén, José Gómez de Bernardo e Saleta Goi, facendo uso da palabra.
-Buxos Verdes e Cris Román, no apartado musical.
O INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS "PENA DO ENCANTO" DE VILALBA VEN DE ADHERIRSE AO MANIFESTO EN DEFENSA DO MUSEO DE PREHISTORIA E ARQUEOLOXÍA DE VILALBA.
MANIFESTO EN DEFENSA DO MUSEO DE PREHISTORIA E ARQUEOLOXÍA DE VILALBA.
SITUACIÓN
REPRESENTACIÓN TEATRAL
POETA EN NOVA YORK
GRUPO TEATRO BAIXO DA AREA
26-08-2021 A 22:30H
PATIO CEIP MATO VIZOSO - VILALBA
3 EXPOSICIÓNS 27-08-2021



